CONCURSO

Youtubeir@s: Internet fala galego

O concurso de promoción de contidos audiovisuais en galego, impulsado tamén polos servizos de normalización lingüistica de outros concellos da comunidade de Galicia, premiará aos mellores vídeos con 1.000 euros

O salón de plenos do Concello de Ourense acolleu a presentación na cidade de Youtubeir@s, un concurso co que se busca incrementar o uso do galego nos contidos audiovisuais na plataforma Youtube. Unha iniciativa que tamén se fará noutros puntos da comunidade como A Coruña, Ames, Pontevedra, Ribadeo, Santiago e na que participan tamén as Universidades de Vigo, A Coruña e Santiago. 

Poderán participar nel as persoas maiores de 14 anos a través dunha inscrición en línea ata o 28 de abril. Conta con dúas categorías, a de videotitoriais e a de Vídeo-opinarmos. 

Os gañadores de cada categoría serán premiados con 1.000 euros e, a maiores, haberá catro mencións honoríficas de 500 euros cada unha. 

Esta iniciativa tamén terá dúas sesións de formación.  A primeira terá lugar no Salón de Graos do edificio de facultades os días 7 e 14 de febreiro e nela se darán consellos para sacar partido aos dispositivos móbiles e para aprender a transmitir mellor. A segunda terá lugar en 'La Molinera' os días 10 e 17 de febreiro e alí se mostrará como editar o material audiovisual e a subilo a Youtube. 

Te puede interesar