RIBEIRA SACRA

Parada de Sil homenaxea ao seu poeta Xoel Ferral

A Deputación presentou Latexos e lembranzas

Os veciños de Parada de Sil participaron onte no homenaxe a un dos seus fillos máis ilustres, o mestre e poeta José Elías Ferreiro Álvarez, coñecido como Xoel Ferral, seudónimo que adoitaba utilizar para asinar os seus traballos.

"Xoel é o noso poeta. Un home que, a pesar do tempo e no lugar no que lle tocou vivir (nas Islas Canarias), sempre falou e escribiu en galego. Unha persoa excelente, moi culta e a que teñen moito cariño", suliñaba o alcalde, Francisco Magide, no transcurso do acto desenvolvido nun concurrido salón de plenos consistorial.

A séptima edición da "Festa da Palabra" contou con preto de 200 personas, entre as que se encontraban fillos, netos e bisnetos achegados dende A Coruña, Tenerife e Madrid, así como a maioría dos homenaxeados de edicións anteriores. "A súa asistencia, máis a dos veciños, é unha mostra de porque facemos estas cousas e tamén do orgullo que sentimos polo noso pobo", comentaba Magide.

Trala proxección dun emotivo viaxe íntimo pola vida do poeta e o seu amor pola terra, o profesor emérito da Brown University Antonio Carreño, colabordor de La Región, presentou o libro inédito "Latexos e lembranzas de Parada de Sil". A publicación, editada pola Deputación, "é unha selección de textos poéticos da obra Latexos e o conto A terra do Alarbio, escritos que destacan polo seu indubidable interese etnográfico, que transmiten de xeito ameno os recordos das horas transcorridas na aldea natal e os distintos aspectos da vida cotiá da Ribeira Sacra", resumía o presidente, Manuel Baltar, que destacou a sinxeleza dos seus poemas e a morriña dun emigrante hacia a Ribeira Sacra. Un espazo que, tal e como lembraba Baltar, "está de plena actualidade" co impulso da candidatura para declararla Patrimonio da Humanidade.

A Coral Vellos Amigos de Manuel de Dios foi a encargada de amenizar a festa na que se trasformou o acto solemne tras as intervencións dos cargos institucionais, incluído o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e o fallo do "II Concurso de microrrelatos Ribeira Sacra-Parada de Sil" que recaeu no traballo "Ópera" do sevillano Jorge Pérez.

A xornada culminou co descubrimento dunha placa na súa honra na fachada da casa familiar. Mentress, a familia do poeta convidou a uns petiscos e viño galego na praza do concello.

Te puede interesar