Marcial Mouzo cambiou por un día a radio pola televisión para participar en Comando Chef, o programa da TVG na que se ofrece a posibilidade de cear cun famoso. Unha vez máis, a improvisación e imaxinación foron básicas para facer a cea.
Leva 12 anos acompañando a miles de galegos nas madrugadas. Marcial Mouzo, conductor do programa Pensando en ti, da Radio Galega, é esa voz que escoitan os que sufren insomnio, traballan de noite ou son incapaces de durmir se non é coa banda sonora da radio. Unha das súas seguidoras é Magdalena. Por iso, quedou máis que sorprendida cando os integrantes do Comando Chef se presentaron na súa casa decíndolle que había que preparar unha cea en 60 minutos porque ía presentarse a comer un dos seus ídolos, que resultou ser Marcial Mouzo.
Foi unha experiencia moi bonita aínda que a señora estaba moi nerviosa. Coñecíame fisicamente pero supoño que lle impactou que me presentase na súa propia casa, explicou Mouzo. E que eu durmo tódalas noites contigo dende hai moito tempo- espetoulle Magdalena- e co meu marido, claro. Por iso, o protagonista da conversa entre a muller e Mouzo non podía ser outro que o seu propio programa que, por certo, deixará de facer porque está moi canso da noite.
Menú especial
Comando Chef emitirase esta noite na Televisión de Galicia ás 21,40 horas. Como é habitual, e antes de que chegue o convidado, a comandante Isabel Blanco; o xefe de cociña, André Arzúa e o xefe de sala, Rafa Durán, serán os encargados de por todo a punto para a gran cita. Nesta ocasión, o menú estará formado por roliños de xamón con vinagreta, polo con laranxa e milo e crema de turrón. Todas unhas delicatessem coas que compartir unha boa conversa.