A Agrupación de voluntarios de Protección Civil da Pobra de Trives recibía este venres unha coitela quitaneves, solicitada polo concello para aumentar a súa dotación para atender ás emerxencias.
A entrega tivo lugar no concello de Chantada, contando coa presenza do director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva; do delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias, e á mesma acudiron dous membros da agrupación trivesa coa súa alcaldesa, Patricia Domínguez.
Este novo material “permitirá o desaloxo eficaz da neve e poden ser instalados en diferentes vehículos pick up grazas aos seus bastidores específicos de montaxe”, explican desde o consistorio trives.
Foron 8 as coitelas entregadas onte en Chantada, das cales 5 foron para concellos ourensáns - Trives, Esgos, Baltar, Laza e Porqueira-.
Este equipamento “forma parte da liña de axudas de 2022 dirixidas a concellos de menos de 50.000 habitantes que conten con agrupacións de voluntarios de Protección Civil”, engaden.