Preto de 700 estudantes da UVigo gradúanse no mes de xuño

Gradación da XI promoción do Grao de Educación Social, celebrada o pasado venres. ÓSCAR PINAL
photo_camera Gradación da XI promoción do Grao de Educación Social, celebrada o pasado venres. ÓSCAR PINAL
A XI promoción do Grao de Educación Social, da Facultade de Educación e Traballo Social, foi a máis madrugadora, celebrando a súa gradación o pasado venres 26 de maio, pero quedan moitas outras

O pasado venres arrancaron no campus de Ourense os actos de gradación do alumnado das diferentes titulacións que se imparten nel. Ata o 30 de xuño, preto de 700 estudantes celebrarán o remate do seus estudos. Recollerán os seus diplomas e bandas acompañados de autoridades académicas, membros da comunidade universitaria, familiares e amigas e amigos.

A XI promoción do Grao de Educación Social, da Facultade de Educación e Traballo Social, foi a máis madrugadora, celebrando a súa gradación o pasado venres 26 de maio. Foron 60 os estudantes que, apadriñados por Yolanda Rodríguez e Deibe Fernández Simo, festexaron o remate dos seus estudos superiores. Mañá tomaralle o relevo a Escola Universitaria de Enfermaría, centro adscrito á UVigo. A súa X promoción do Grao de Enfermaría, formada por arredor de 40 estudantes, celebrará ás 17,30 horas, no salón de actos Marie Curie do Edificio Politécnico do Campus, o seu acto de gradación, no que terán como madriña a Mª Florentina Vale e como padriño a Daniel Calviño. 

Te puede interesar