Universidade

Uvigo: premio estatal para a tese dun enxeñeiro de telecomunicacións

A tese do investigador da Universidade de Vigo Anxo Tato Arias obtivo o Premio Ingeniero de Telecomunicación á mellor tese en Aplicacións Espaciais. En total, presentáronse 75 traballos dos que 19 insvestigacións conseguiron o premio. "A verdade é que é un orgullo moi grande. Xa non é só o moito que aprendín nesta etapa e todas as boas experiencias que vivín, senón tamén a alegría que me dá ver como a miña tese de doutoramento recibe esta distinción de carácter estatal. Unha ledicia que comparto co meu director de tese, Carlos Mosquera, e tamén con todos os meus achegados", comenta Tato. Os premios están convocados polo Colegio Oficial de Ingenieros de Telecomunicación, COIT, e a Asociación Española de Ingenieros de Telecomunicación, AEIT. Os gañadores recibirán 2.000 euros, un diploma e quedarán exentos de pagar as tasas do COIT para 2020 e 2021.

Te puede interesar