DEPORTE

1.352 xogadores desputarán este curso as Ligas Universitarias

Baloncesto e fútbol sala son as modalidades deportivas da competición

O Campus de Vigo acolle unha nova edición do programa Ligas Universitarias dirixido a todos os membros da comunidade universitaria. Como en pasadas ocasión, os participantes poderán optar a diversas modalidades deportivas entre as que destaca baloncesto e fútbol sala.

Dentro destas modalidades contan con baloncesto mixto que este ano terá 16 equipos, cun total de 192 xogadores; fútbol sala feminino que contará con 4 equipos, un total de 48 xogadoras; en fútbol sala masculino haberá 42 equipos repartidos nas tres divisións, esto é 504 xogadores; en fútbol 7 mixto contarán cun total de 38 equipos, que se resume en 608 xogadores. Polo tanto, xa hai inscritos 1.352 xogadores para participar nas Ligas Universitarias 2015/2016.

Este programa deportivo busca darlle resposta ao interés polos deportes de equipo ao tempo que busca fomentar valores como a deportividade e o compañeirismo. O regulamento das ligas inclúe un sistema de puntuación "Fair Play", que promove o xogo limpo e castiga a falta de deportividade.

Os participantes xa realizaron a súa inscrición online e poderán elexir horario de mañá ou tarde en función da conveniencia de cada equipo. Os equipos veteráns deberán conservar o seu nome para poder participar na división que por méritos lle corresponde, mentras que os novos equipos comezarán na competición na división máis baixa. Arranca así esta competición que, dado o interés que esperta entre os universitarios, é todo un referente no Campus de Vigo

Te puede interesar
Más en Universitas