UNIVERSITAS

O alumnado recoñece o boicot nas clases

gal2_result
photo_camera Enrique Álvarez Roales identificou as variables que axudan a predicir cada unha das posibles formas de violencia nas aulas.

Álvarez afondou na súa tese nos problemas de convivencia na ESO

A violencia escolar é un foco de atención crecente nos últimos anos, existindo a idea de que asistimos a un fenómeno cada vez máis frecuente nos centros de ensino. Na súa tese de doutoramento, o psicopedagogo Enrique Álvarez decidiu investigar ata que punto esa percepción se correspondía coa realidade. Para facelo, realizou unha enquisa a case 5.000 estudantes de ESO de centros de toda Galicia. Os resultados apuntan a que o boicot das clases, a chamada disrupción na aula, é a principal forma de violencia recoñecida polos propios adolescentes. Dificultar as explicacións do docente co seu comportamento ou falando continuamente e non traballar nin deixar traballar aos compañeiros son as manifestacións máis habituais desta disrupción, provocada en maior medida polo alumnado que aproba todo. Para axudar a atallar a conflitividade escolar, o investigador identificou as variables que axudan a predicir cada unha das posibles formas de violencia nas aulas.


A tese, dirixida por José Domínguez Alonso e Antonio López Castedo, levou por título "Violencia escolar: variables predictivas en adolescentes galegos" e foi presentada recentemente na Facultade de Ciencias da Educación do campus de Ourense. A investigación é froito de seis anos de traballo e baséase na realización dun cuestionario a 4.943 estudantes da ESO de 33 centros das catro provincias galegas, que voluntariamente cubriron o test de violencia escolar chamado Cuve3-ESO.

Te puede interesar
Más en Universitas