UNIVERSITAS

O Ano Internacional da Luz ilumina o campus

gal02_result
photo_camera Durante a inauguración procedeuse a unha conexión en directo co acto internacional celebrado na sede da UNESCO en París.

Conectaron en directo coa conferencia en París do Nobel Ahmed Zewail

A luz xoga un papel fundamental no desenvolvemento da sociedade e das novas tecnoloxías, revolucionando campos como a medicina ou a fabricación de produtos. Para resaltar a súa importancia, a Asamblea Xeral das Nacións Unidas decidiu declarar 2015 como o Ano Internacional da Luz e das Tecnoloxías Baseadas na Luz (IYL2015), que se celebra a nivel mundial e que ten no campus de Ourense o epicentro do comité galego, coordinado polo catedrático de Óptica da Universidade de Vigo Humberto Michinel.

Unha iniciativa promovida por institucións educativas e organismos públicos e privados cun programa de eventos internacional “no que é un orgullo ver involucrado ao campus”, como salientou o vicerreitor, Virxilio Rodríguez. “É importante ver que os diferentes grupos de investigación da Universidade de Vigo que se dedican á fotónica e ao desenvolvemento de aplicacións de tecnoloxía láser se suman aos de Santiago de Compostela e Ferrol para formar unha masa crítica que fai que Galicia sexa un referente internacional nestas materias”, subliñou.

O campus de Ourense, como líder do comité galego, quixo participar na inauguración oficial do Ano Internacional da Luz cunha conexión en directo á cerimonia celebrada na sede da Unesco en París e á conferencia inaugural ofrecida por Ahmed Zewail, premio Nobel de Química en 1999 pola invención e investigación da chamada femtoquímica, que permite entender mellor as reaccións do metabolismo dos seres vivos.n

Te puede interesar
Más en Universitas