UNIVERSITAS

Anxo Meno, no proxecto europeo Graco

photo_camera Traballos de recollida de mostras.

A campaña realízase a bordo do buque francés Ifremer L'Atalante

O investigador do Departamento de Xeociencias Mariñas e Ordenación do Territorio Anxo Mena está a participar na exploración dos canais submarinos do talude superior do golfo de Cádiz no marco do proxecto europeo Graco (Gravitational and Contouritic Interactions on the Upper Slope of the Gulf of Cádiz close to the Strait of Gibraltar). Este traballo, liderado polo Instituto Andaluz de Ciencias da Terra (CSIC), está dirixido a estudar, por primeira vez de forma intensiva, a interacción entre os movementos de sedimento desde a plataforma cara o talude por procesos gravitacionais e o transporte que realiza a corrente profunda mediterránea á súa saída do estreito de Xibraltar.

“A miña participación neste proxecto xurde como resultado de anos de colaboración entre diferentes institucións e persoal científico que empregamos o golfo de Cádiz como área de estudo”, subliña Mena, que en xullo se incorporou á Royal Holloway University of London como investigador de posdoutoramento contratado pola Universidade de Vigo ao abeiro da convocatoria de axudas realizada pola Xunta de Galicia.

Te puede interesar
Más en Universitas