UNIVERSITAS

Aprendendo a ensinar ciencia aos máis pequenos

gal3_result
photo_camera Manuel Vidal afondou na súa tese de doutoramento nos beneficios do ensino da ciencia aos nenos e nenas de ata seis anos.

Para facelo empregan materiais cotiás que poderán reproducir na aula

A ciencia non é unha área de coñecemento exclusiva para estudantes “maiores”. Os máis pequenos e pequenas espertan ao mundo cunha curiosidade sen límites que tamén abrangue entender como funciona o que lle rodea, non só aprender as letras e os números. Para que esta formación dos nenos e nenas menores de seis anos sexa tamén científica é preciso docentes preparados para impartir eses coñecementos a idades temperás. Na súa tese de doutoramento, o profesor do campus de Ourense Manuel Vidal traballou cos futuros profesionais de Educación Infantil sobre o uso do laboratorio como ferramenta de ensinanza.


A tese, dirixida polo docente Pedro Membiela, levou por título O ensino das ciencias centrado en actividades prácticas de laboratorio. Un estudo de caso na formación inicial de mestras e mestres de Educación Infantil. “Levo 12 anos traballando como formador de mestres de Educación Infantil na Facultade de Ciencias da Educación de Ourense, impartindo a materia de Aprendizaxe de Ciencias da Natureza, e parecíanos interesante investigar sobre a visión dos mestres en formación sobre o ensino das ciencias no laboratorio”, comenta Vidal. Concretamente, indica, “na investigación amósase a valoración do futuro profesorado de Infantil e do seu formador sobre a experiencia realizada de ensinanza das ciencias centrada en actividades prácticas, as súas percepcións do ambiente de ensino e de aprendizaxe durante a experiencia e a súa influencia no proceso formativo como estudantes de Ciencias da Educación”.

Te puede interesar
Más en Universitas