RECOÑECEMENTO

Barcala gaña o concurso Hiv Think Tank de Cesida

20161005115014234_result
photo_camera Barcala, segunda pola esquerda, xunto ao resto de premiados neste concurso.

Premiada con 3.000 euros unha alumna de Publicidade e RRPP da Uvigo

Preto do 30% dos novos casos de VIH en España, segundo un informe do Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad, correspóndense a persoas menores de 29 anos. De aí que que abordar, a través dunha proposta publicitaria, a “desinformación xeneralizada” sobre o virus e a enfermidade da Sida e as consecuencias que esta ten entre a mocidade constitúan o punto de partida da proposta de campaña pola que a estudante de Publicidade e Relacións Públicas Catarina Barcala vén de obter o primeiro premio no concurso HIV THINK TANK, promovido pola Coordinadora estatal de VIH-Sida (Cesida). 

A convocatoria promovida por esta ONG coa colaboración da farmacéutica Janssen tiña por obxecto implicar á mocidade na sensbilización sobre o VIH e outras enfermidades de transmisión sexual, premiando as mellores campañas de concienciación e sensibilización respecto desta enfermidade elaboradas polo alumnado universitario e de escolas de arte de toda España. E de entre as 37 propostas presentadas por estudante de 19 centros, o premio final, entregado na mañá do martes nun acto celebrado no Círculo de Bellas Artes de Madrid, foi para esta alumna do campus pontevedrés polo seu proxecto “Comparte el otro lado”, no que, como explica, tratou de “amosar o lado máis humano desta enfermidade e desmentir falsas crenzas”.


Un xurado formado por profesionais da medicina, a investigación, a educación, o xornalismo e a administración pública foi o encargado de avaliar as diferentes propostas presentadas á segunda edición deste concurso, tendo en conta, como sinala a organización, o seu deseño, mensaxe, orixinalidade, pertinencia e implantación. De todas elas, cinco foron seleccionadas como finalistas, abríndose un período de votacións na rede social Facebook, na que a campaña de Barcala se proclamou vencedora, ao sumar un total de 2.780 votos. 

Te puede interesar
Más en Universitas