MODA

A cidades fantásticas de Sheila Pazos triunfan en Debut 2015

Pazos logrou o primeiro premio grazas a súa colección 'Artificial Paradises'.
photo_camera Pazos logrou o primeiro premio grazas a súa colección 'Artificial Paradises'.

A colección ‘Artificial paradises’ foi a gañadora da novena edición da pasarela de Esdemga.

O libro As cidades invisibles, de Italo Calvino, serviu como fonte de inspiración a Sheila Pazos para dar forma a Artificial Paradises, unha colección na que cada estilismo representa unha paisaxe imaxinaria, que foi seleccionada polo xurado do desfile Debut 2015 como gañadora da novena edición desta pasarela na que o alumnado de Esdemga presenta o seus proxectos de fin de estudos e na que o proxecto No te mueras cariño de Paula Sobrino acadou o segundo premio.

En cada capítulo dun libro de relatos no que Marco Polo narra as súas viaxes ao emperador Kublai Khan, Calvino “describe cidades fantásticas con palabras e eu intentei facelo con prendas, nalgúns casos basándome nas súas paisaxes, mentres que para outros creei as miñas propias”, apunta esta nova egresada, que recolleu con ilusión un premio "polo que merece a pena todo o traballo realizado” e que ao mesmo tempo axuda “a darse a coñecer un pouco”.

Titulada en Belas Artes e alumna de doutoramento desta facultade do campus pontevedrés, Pazos recoñece que as “paisaxes imaxinarias” constitúen un tema “no que traballo a miúdo a nivel artístico, e nesta ocasión leveino á moda”. Un motivo que, apunta, parte dun “feito autobiográfico”, como filla de emigrantes que pasou 14 anos en Suíza. “Realmente é como un quebro na túa vida polo que non atopas o teu lugar e entón ao final acabas un pouco intentando crear un lugar onde sentirte ben”, apunta Pazos do motor inicial desas “paisaxes fantasiosas” que alevaron a obter o primeiro premio, dotado con 2000 euros por parte da empresa Jesús Peiró, nun desfile que, un ano máis, encheu de talento e creatividade o Pazo da Cultura.n

Te puede interesar
Más en Universitas