PREMIO OURENSANÍA 2026
La Coral De Ruada recibe el Premio Ourensanía 2026 por unanimidad
UNIVERSIDADE DE VIGO
A Agrupación Aeroespacial e o grupo CIMA da Universidade de Vigo coordinan o proxecto Fire-RS, WildFire Satellite and UVAs Remote Sensing System, que cun financiamento con cargo ao programa Interreg próximo aos dous millóns de euros, implementará un demostrador tecnolóxico baseado nun sistema innovador de detección, mapeado e predición do comportamento dos incendios forestais, mediante a combinación do uso de sensores infravermellos despregados nos montes; un satélite Cubesat (LUME 1); unha flota de vehículos non tripulados (UAVs) con cámaras no infravermello próximo e un software de modelado e predición de incendios.
Coa participación da Universidade de Porto e do Laboratorio de Análises e Arquitectura de Sistemas de Toulouse, o proxecto Fire-RS, coordinado polo docente e investigador da Universidade de Vigo Fernando Aguado, ten unha duración de tres anos e previsiblemente será en 2018 cando se produza o lanzamento do satélite, iniciándose entón as probas cos vehículos non tripulados, os sensores de infravermello terrestres e o software de avaliación e predición do lume.
Na presentación pública do proxecto, que tivo lugar no Edificio Miralles, o reitor da Universidade de Vigo destacou a importancia deste proxecto para abordar, o que considera o problema máis importante que ten o país, "os incendios forestais que dilapidan o patrimonio dos nosos bosques. Un problema histórico e estrutural que ten moitas frontes". Salustiano Mato gabou o traballo que desenvolve a Agrupación Aeroespacial aplicando as tecnoloxías do espazo aos problemas de Galicia e apuntou que este proxecto internacional "supón un salto cualitativo". Pola súa banda, Fernando Aguado lembrou os principais fitos acadados pola Agrupación Aeroespacial, con tres CubeSats enviados ao espazo, un femtosat case rematado e proxectos en común coa NASA e a ESA, ao tempo que, no caso concreto de Fire-RS, destacou a aposta "por un proxecto que integra as solucións máis actuais, como son os UAVs e os sensores".
Aguado tivo ao inicio da súa intervención unha emocionada lembranza para o director do Grupo Cima, José Antonio Vilán, que continúa o seu proceso de recuperación tras o accidente sufrido hai case un ano cando circulaba en bicicleta e foi arrollado por un coche.
Simon Lacroix do Laboratorio de Análises e Arquitectura de Sistemas de Toulouse e Pedro Aguiar da Universidade de Porto, en representación das outra dúas entidades colaboradoras do proxecto, explicaron os detalles da súa participación en Fire-RS, que actualmente se atopa en fase de definición de requisitos e rematará no ano 2019.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PREMIO OURENSANÍA 2026
La Coral De Ruada recibe el Premio Ourensanía 2026 por unanimidad
CENSO ELECCIONES GENERALES
Galicia aporta 2,7 de los 38,7 millones de electores totales de España
CENSO ELECCIONES GENERALES
Ourense encara el 29-N con récord de voto exterior y la juventud en mínimos
RENOVACIÓN EN EL DEPORTE
Luz verde para los campos de fútbol de Esgos y Pereiro
Lo último
LA MÁS GRANDE DEL MUNDO
Vídeo | Perú inaugura una estatua de 14 metros del papa León XIV antes de su visita al país
FÚTBOL SALA FEMENINO
El Estrela Verín emerge, el Ourense Ontime frena
PAROS TOTALES EN AUTOMOCIÓN
Gráfico | La huelga general reduce casi un 10% el consumo eléctrico a primera hora