ARTE

As dúas caras dun espello feito de vivencias

Francis Naranjo e Carmen Caballlero.
photo_camera Francis Naranjo e Carmen Caballlero.

A Sala X inaugurou a exposición ‘Memoria / Olvido’, de Francis Naranjo e Carmen Caballero.

“A memoria é un ben precioso, pero sumamente exposto a ser corrompido”, sostén o artista canario Francis Naranjo, que o martes inaugurou na Sala X Memoria / Olvido, unha exposición na que, xunto con Carmen Caballero, afonda en dous conceptos que poderían parecer opostos, "pero que dalgunha maneira son como as dúas partes dun mesmo espello”.

Fotografías pertencentes a un álbum familiar que acabaron esquecidas nun mercado, xunto con imaxes da propia nai do artista e pedras traídas do Perú, do Brasil ou do Sahara convértense no punto de partida das diferentes instalacións coas que Naranjo e Caballero afondan nos “múltiples procesos e actitudes” que rodean a idea da memoria, nunha mostra que poderá visitarse neste espazo expositivo ata este venres 13 de novembro.

De feito, foi a visita deste artista á Facultade de Belas Artes, onde nas xornadas de luns e martes impartiu un relatorio titulado "A condición humana". A arte, territorio inestable, no marco da materia Arte e natureza, que imparte o profesor Fernando Casás, a que serviu como punto de partida para a organización no campus desta exposición, cuxa montaxe puido coñecer de primeira man o alumnado coas visitas que completaron cada relatorio.

Neste senso, Naranjo incide no valor de xerar este diálogo cos estudantes, que colaboraron tamén na montaxe, nunha mostra que trata de afondar na idea da memoria, desde un punto de vista individual e colectivo.n

Te puede interesar
Más en Universitas