UNIVERSITAS

A Ecimat conta cunha autocaravana que funciona como laboratorio móbil

g1_result
photo_camera A Ecimat conta dende 2012 cun vehículo de apoio á investigación.

O persoal científico emprégaa principalmente en campañas de mostraxe

 A Ecimat conta dende 2012 cun vehículo de apoio á investigación, pero desta volta é un vehículo terrestre, unha autocaravana convertida en laboratorio móbil que poden empregar so investigadores do centro para campañas de mostraxes e na execución de actividades de investigación mariña. De tipo capuchina (responde ao habitáculo sobre a cabina do condutor) conta con seis prazas para durmir segundo a distribución de fábrica pero adaptado ás necidades do traballo investigador, polo que ten os armarios modificados para o transporte de material científico, así como unha neveira de 150 litros e un equipo de purificación de auga por resinas de intercambio iónico de polietileno.
A mobilidade que ofrece este tipo de vehículo permite a os investigadores facer traballo de campo sen necesidade de regresar ao laboratorio a deixar mostras, por exemplo. Así, é de especial utilidade en campañas nas que hai que recoller mostras de flora ou fauna para despois analizar en laboratorio. Deste xeito, o traballo é máis eficaz e pode realizarse en menos tempos ao non ten que perder horas en desprazamentos. Trátase do modelo Ilusión i630 e que se mercou pola propia demanda dos investigadores en 2012 e financiada con fondos Feder. Este laboratorio móbil conta con equipamentos científicos como un baño termostatizado, un valorador automático e un analizador de tamaño de partículas láser.


Un dos investigadores que emprega este vehículo é Noé Ferreira, que traballa en colaboración co Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal e a Estación de Ciencias Mariñas de Toralla, para levar a cabo unha análise da dispersión da ameixa asiática en Galicia na actualidade. Para a recollida de mostra estableceu un total de 113 puntos iniciais, polo que contar co este laboratorio móbil lle foi de moita utilidade. Explica que empregou a autocaravana para facer as mostraxes polos esteiros de Galicia durante 15 días e ten programada unha nova saída para abril por ríos da metade norte de Portugal, “aínda que dependerá da súa dispoñibilidade”, destaca.n

Te puede interesar
Más en Universitas