UNIVERSITAS

A ENAC acredita a calidade do Laboratorio Antelia

g3_result
photo_camera Realizan medidas 'in situ' de exposición de persoas a campos electromagnéticos.

As instalacións puxéronse en marcha en 2014 no seo do centro de investigación AtlantTIC

Nun escenario como o actual, cunha sociedade especialmente sensibilizada cos niveis de radiación electromagnética que a rodean e necesitada de comprobar que eses niveis cumpren coa normativa de protección da saúde, a Universidade de Vigo puxo en marcha en 2014 o Laboratorio Antelia, unha infraestrutura que naceu para atender unha necesidade real, non só do mercado senón da sociedade en xeral. Apenas pasou un ano desde a súa posta en marcha e, dende entón, o centro foi xa acreditado pola Entidade Nacional de Acreditación (ENAC) para a realización de diferentes ensaios relacionados coa comprobación dos niveis de radiación, o que o sitúa como referente internacional e lles servirá como punta de lanza para a prestación de servizos de alto valor engadido ao sector industrial e a sociedade.

Creado no seo de AtlantTIC -Centro de investigación en Tecnoloxías de Información e a Comunicación- e dirixido polo catedrático de Teoría da Sinal e das Comunicacións Manuel García Sánchez, unha das actividades máis destacadas do laboratorio é precisamente a comprobación dos niveis de radiación electromagnética na contorna de estacións de telefonía ou instalacións singulares como liñas de alta tensión ou centros de transformación eléctrica.

Con recoñecemento internacional en máis de 60 países, recibir a acreditación ENAC “supón demostrar que a competencia e imparcialidade está á altura das esixencias internacionais”, subliña o director do laboratorio.

Te puede interesar
Más en Universitas