A Galipedia busca nutrirse de coñecemento universitario

wiki_result
photo_camera Un momento do Wikimaratón, na Facultade de Filoloxía e Tradución.

Filoloxía e Tradución acolleu un Wikimaratón organizado pola comisión de Normalización Lingüística

Dende a súa creación en 2003 a Galipedia foi crecendo exponencialmente e na actualidade conta con 129.500 artigos. Deste xeito, a Wikipedia en galego vaise nutrindo de contidos grazas tanto aos usuarios rexistrados como a persoas anónimas de publican novos artigos ou editan e completan os existentes. Para continuar ampliando as fondos de información da enciclopedia virtual estanse a celebrar wikimaratóns pola xeografía galega, un deles este martes na Facultade de Filoloxía e Tradución, organizado pola comisión de Normalización Lingüística do propio centro. O obxectivo deste tipo de actividades é visibilizar esta ferramenta e achegala aos potenciais usuarios, para que coñezan o seu funcionamento e se poidan converter en editores de contidos. A xornada por presentada pola vicedecana Susana Rodríguez Barcia, que puxo en valor este tipo de recursos léxico-lingüístico que axudan “á normalización da lingua galega”.

Na actualidade a Galipedia conta xa con 1.000 usuarios rexistrados, do cales 25 editan contidos todos os días e outros 100 o fan dun xeito habitual. Sobre os contidos máis consultados, Estévez explica que adoitan ser xenéricos, por exemplo termos como Vigo e Coruña, lingua galega ou Galicia. A calidade dos contidos dun determinado tema tamén condicionan o número de visitas e, ao mesmo tempo, axudan a mellorar aínda máis a información.

Te puede interesar
Más en Universitas