DIVULGACIÓN

Historia de Galicia a través das estampas de Castelao

María Pilar García Negro, Laura Carpente, Diana Vilas, María Victoria Carballo Calero e Óscar Rodríguez durante a inauguración.
photo_camera María Pilar García Negro, Laura Carpente, Diana Vilas, María Victoria Carballo Calero e Óscar Rodríguez durante a inauguración.

Xornada adicada ao valor educativo da obra do ilustrador.

O 2016 foi declarado Ano Castelao pola Real Academia Galega de Belas Artes. Quecendo motores de cara a esa conmemoración e seguindo a liña de investigación e divulgación sobre a figura do ilustrador galego que se desenvolve no campus de Ourense, celebrouse no Edificio de Ferro unha xornada de conferencias titulada "Castelao no ensino. Novas achegas didácticas".

Durante a cita presentouse unha unidade didáctica que permitirá ao alumnado de Secundaria achegarse á historia do primeiro terzo do século XX a través das estampas do ilustrador galego.

A cita contou coas intervencións de María Victoria Carballo-Calero; María Pilar García Negro; Diana Vilas, coordinadora da cita; Óscar Rodríguez e Laura Carpente. Segundo explicou Vilas Meis, docente nas facultades de Historia e Ciencias Empresariais e Turismo do campus, as conferencias desenvólvense no marco de dous proxectos de investigación que se están a levar a cabo dende o campus de Ourense, como son Castelao. Obra Gráfica. A construción dun discurso estético, político e social transoceánico, que dirixe Mª Victoria Carballo Calero, e Máis alá de Castelao: imaxinarios da nenez galega no discurso xornalístico e gráfico ourensán do primeiro terzo do século XX, do que ela mesma é investigadora principal e que conta con financiamento das Axudas a Grupos de Investigación do Campus de Ourense.

Te puede interesar
Más en Universitas