UNIVERSITAS

Medio cento de propostas para mellorar a economía

gal01-1-_result
photo_camera Santiago Lago, director do Foro Económico de Galicia, durante a súa intervención.

Segundo os expertos, Galicia tardará tres anos en recuperar os niveis de renda per cápita anteriores á crise

A crise económica que se está a atravesar é, como explica Santiago Lago, docente da Universidade de Vigo e director do Foro Económico de Galicia, “dunha dureza nunca vivida na España democrática. Teríamos que remontarnos á Guerra Civil para atopar unha época cuns datos tan negativos durante tanto tempo”. E isto resulta fundamental á hora de entender que, aínda que se está a vivir un proceso de recuperación, queda moito camiño por diante. Para axudar a percorrelo, o Foro Económico de Galicia presentou un documento no que sintetiza 50 propostas para mellorar a economía da comunidade e que recolle nove traballos elaborados ao longo de 2014 por 30 economistas, empresarios e directivos galegos co apoio do grupo de investigación GEN da Universidade.

Un 14% menos de empresa, unha taxa de desemprego que creceu un 164% en sete anos, cadros de persoal reducidos e menos xente a financiar calquera fondo de prestacións sociais, un empobrecemento da poboación... Os expertos debullan unha folla de ruta coa que tratar de superar estes obstáculos e recuperar os niveis que se tiñan en 2007, algúns difíciles de acadar. “Pasamos sete anos tan duros que, nalgúns campos, imos requerir outros tantos para chegar aos niveis de antes da crise”, salientou Lago, para quen a recuperación do emprego é un claro exemplo de aspectos que non se verán resoltos “nesta década”. “O mercado de traballo recupérase máis lentamente. Para chegar a unha taxa de paro igual á de antes da crise, en Galicia deberiamos ter unha crecemento do PIB do 5% anual, e iso non é factible”, recoñeceu.

Te puede interesar
Más en Universitas