UNIVERSITAS

Moito máis que balonmán nunha xornada aberta a todos

gaucho_result
photo_camera Gerardo Vázquez "Gaucho", o adestrador de balonmán.

O adestrador “Gaucho” ofrecerá unha clase de técnica básica moi amena

Onte, o pavillón universitario do Campus de Vigo acolleu a primeira das dúas Xornadas abertas de Balonmán, a outra será o 7 de outubro. Gerardo Vázquez “Gaucho” é o adestrador da escola desta modalidade deportiva e quen se está a encargar de achegar aos asistentes técnicas básicas deste deporte. “Queremos que sexan dúas xornadas para convocar a moita xente, sexan ou non membros da comunidade universitaria”, sinala o adestrador que quere dar a coñecer este deporte, “pero tamén chegar a organizar un bo grupo de xente e ver as habilidades de cada un deles e, se podemos, chegar a formar unha liga o día de mañá”, engade, xa que actualmente hai unha escola deportiva de balonmán en Vigo, coa matrícula aberta e que aínda non acadou o mínimo para levarse a cabo.


Esta actividade que arranca no Campus de Vigo, preténdese achegar aos outros dous campus da universidade, pero “pouco a pouco, a prioridade agora é traballar en Vigo e poder chegar a organizar charlas, reunións e outras actividades de carácter social, andainas, etcétera”. 
Gaucho convida a todos a achegarse o 7 de outubro ao pavillón “xa que o pasarán moi ben, será unha clase recreativa, educativa e na que se empregarán técnicas básicas”.

Te puede interesar
Más en Universitas