Novas canles de mercado para a tecnoloxía deseñada en Galicia

gal1-2-_result
photo_camera Os participantes no seminario no vestíbulo de Citexvi.

No marco do I Seminario de Innovación do proxecto Táctica, búscanse oportunidades
de negocio para os enxeñeiros galegos en cuestións relacionadas coa eGobernanza

Aplicacións móbiles para o sector hospitalario; apps para persoas discapacitadas que faciliten, por exemplo, a comunicación médico paciente ou interfaces que fagan máis doado o manexo de ordenadores e tabletas mediante o seguimento da retina para pacientes en UCI ou semellantes. Estes son só algúns dos temas dos que se falou recentemente e coincidindo co I Seminario de Innovación posto en marcha ao abeiro do proxecto Táctica, unha cita na que os e as investigadoras da Universidade de Vigo tiveron a oportunidade de intercambiar opinións e coñecementos con colegas doutros clúster, centros tecnolóxicos, empresas multinacionais e start-up bálticas, escandinavas e centroeuropeas cos que a institución viguesa mantén relación dende hai anos.

Co obxectivo de determinar os posibles modelos de transferencia mixta que coexisten entre Galicia, Finlandia, Estonia, Luxemburgo e Portugal, a xuntanza supón un chanzo máis de cara á montaxe de proxectos de networking e á dar a coñecer a cada un dos membros asistentes os equipos da Universidade de Vigo que traballan en temáticas afíns e que se centran, sobre todo, en cuestións relativas á administración electrónica nos contextos de saúde, eficiencia enerxética e medio ambiente.

O seminario, celebrado en Citexvi, contou coa participación de numerosos expertos de universidades e empresas finlandesas , estonianas e luxemburguesas; a adxunta do reitor, Regina Carreira, así como de numerosos investigadores do centro AtlantTIC.

Te puede interesar
Más en Universitas