NOVAS NO CAMPUS DE VIGO

Premio para os mellores estudantes de novo ingreso

20161005105815390_result
photo_camera Foto de familia dos premiados do curso pasado.

En total convócanse 45 bolsas que os estudantes poden solicitar ata o vindeiro 24 de outubro,

O talento e o esforzo marcan a diferenza e así o quere recoñecer a Universidade de Vigo a través dos Premios de Excelencia Académica dirixidos aos estudantes que comecen neste curso os seus estudos universitarios. Esta convocatoria premia os 45 alumnos e alumnas con mellor traxectoria académica nos estudos de Secundaria cunha tableta dixital, unha ferramenta de grande utilidade para as tarefas académica. En total convócanse 45 bolsas que os estudantes poden solicitar ata o vindeiro 24 de outubro, sempre e cando estean matriculados nalgún grao dos tres campus da Universidade de Vigo neste curso 2016-2017.

 Estes 45 galardóns repartiranse atendendo a diferentes perfís e camiños polos que os estudantes teñan destacado en calidade académica. Concederanse 20 tabletas a estudantes que fosen gañadores dos Premios Extraordinarios de Bacharelato da Xunta de Galicia no curso 2015-2016; 5 destes premios serán para os que se clasifiquen nos tres primeiros postos da olimpíadas científicas do pasado curso; 15 tabletas serán para os que acrediten unha puntuación igual ou superior a 8,5 puntos no bacharelato e, por último, outras 5 irán destinadas ao alumnado cun expediente igual ou superior a 9 puntos nos ciclos superiores de formación profesional.

Te puede interesar
Más en Universitas