ENTREVISTA

“Recomendo facer exercicio según as posibilidades de cadaquén"

Santiago Perote Suárez-Rivero, doutor do servizo de Deportes da Universidade de Vigo.
photo_camera Santiago Perote Suárez-Rivero, doutor do servizo de Deportes da Universidade de Vigo.

Perote é, por segundo ano consecutivo, o doutor do Servizo de Deportes da Universidade.

Santiago Perote é, por segundo ano, o doutor do Servizo de Deportes da Universidade de Vigo, dende onde se propoñen numerosos servizos, tanto para o alumnado como para os membros da comunidade universitaria dos tres campus da Universidade de Vigo. Perote analiza as principais preocupacións dos usuarios e ofrece unha serie de recomendacións aos destinatarios do servizo.

Cales son os servizos que se ofrecen?
A oferta de Medicina Deportiva inclúe revisions medico-deportivas, consulta de nutrición para deportistas, tratamento de lesións e valoración de diversas capacidades para a actividade física. Non quería deixar de mencionar o seguemento que se fai dos participantes do Programa “Pontenforma”, que considero un magnífico exemplo de medicina deportiva cercana ao deporte popular. Tamén estamos abertos a outros departamentos que solicitan a nosa colaboración en proxectos
 

Cales son as principais preocupacións dos usuarios?
Eu faría dous grupos: Por una banda os deportistas máis adestrados, que queren coñecer a sua valoración antropométrica e a súa resposta a unha proba de esforzo cara a mellorar o seu rendemento. E por outra, os usuarios en xeral, que principalmente interésalles saber si teñen algunha contraindicación médica ou limitación para o exercicio.

Cales son as súas recomendacións?
Que fagan exercicio que é moi saudable, informándose ben das suas posibilidades físicas e sen medo a afrontar retos,  pero de xeito razoable e con constancia.

Facedes cada curso unha serie de cuestionarios médicos, en qué consisten?
A Universidade de Vigo ven realizando, dende o 2010 entre os usuarios do Servizo de Deportes, un cuestionario preparticipación deportiva que actúa como filtro de saúde e selección cardiovascular, coa finalidade de detectar os posibles individuos que poidan presentar risco para o exercicio físico, e axudar a evitar a aparición de eventos cardiovasculares. É un cuestionario adaptado doutros, como o do Comité Olímpico Internacional, que amosaron a sua eficacia. No caso de que o usuario responda afirmativamente determinadas cuestións que indiquen un risco considerable para a sua saúde o feito de facer exercicio, recoméndaselle una revisión no seu médico de cabeceira ou que acudan ao Servizo de Medicina Deportiva da Universidade, onde se lles informa sen compromiso. O derradeiro curso 2014-15, fixéronse un total de 4.038 cuestionarios, obténdose unhas porcentaxes do 14,58%  para persoas con risco elevado;15,56%  de risco baixo; e do 69,86% sen risco.n

Te puede interesar
Más en Universitas