UNIVERSITAS

O Servizo de Deportes, referente universitario en Portugal

rial_result
photo_camera Os asistentes á II Reunión Anual da Rede Portuguesa de Deporte Universitario.

Rial, convidado á reunión anual do deporte universitario portugués

Os pasados días 21 e 22 de xaneiro, a cidade portuguesa de Faro acolleu a II cita Anual da Rede Portuguesa de Deporte Universitario, a primeira foi o pasado ano en Évora, coincidindo coa  constitución do grupo e, nesta ocasión na Universidade do Algarve, tratouse da primeira reunión de traballo propiamente dita.

Javier Rial, responsable do Servizo de Deportes da Universidade de Vigo, acudiu como convidado a este encontro onde se citou unha alta representación de universidades portuguesas, así como dúas máis españolas, como foi o caso da Universidade de Sevilla e a de Extremadura.

Durante a súa intervención, Rial incidiu no sistema de xestión das actividades deportivas que leva a cabo o Servizo de Deportes da Universidade de Vigo, así tamén, presentou unha serie de programas que están levando a cabo e, como membro da rede europea ENAS, compartiu cos asistentes as líneas de traballo no ámbito deportivo que se están a presentar a nivel europeo.

A Universidade do Algarve puxo especial fincapé na idea de constituir, xunto ás Universidades de Extremadura e Sevilla, por proximidade xeográfica, un programa deportivo semellante aos Xogos Galaico-Durienses, nos que dende hai anos participa a Universidade de Vigo en colaboración con universidades portuguesas de proximidade xeográfica.

Este encontro en Faro promete continuidade e a vindeira cita será en 2017, na Universidade de Leiría.

Te puede interesar
Más en Universitas