XADREZ

O Universitario Ourense de xadrez crea un novo equipo

Lino Hermida dirixe aos tres equipos federados do campus.

O xadrez é un deporte que pouco a pouco gaña adeptos na provincia. Con respecto ao Campus de Ourense contan con dous equipos de referencia, un militando na 1ª División, o denominado  Universitario de Ourense A e outro en 2ª División, o Universitario de Ourense B. Na actualidade están a piques de formar o que será o Universitario Ourense C. Lino Hermida é alma máter deste colectivo que adestra todos os martes e convida a todos os interesados nesta modalidade deportiva a coñecer o traballo que están a facer e a participar nalgúns dos seus equipo.

"A liga comeza en xaneiro pero xa estamos adestrando con forza", indica Lino, que a pesar de non poder ascender por contar xa cun equipo da Universidade de Vigo na División de Honra, "buscamos sempre gañar e alzarnos co título de Liga". Hermida leva máis dunha década ao fronte dos equipos Universitarios de Ourense, onde sinala que "tamén hai algún que outro neno, universitarios e ex universitarios, somos un bo grupo e destacaría especialmente o compromiso de todos". 

Suman en torno a una trintena de integrantes entre o equipo A , o B e o que próximamente será o C, "este equipo arrancará na 3ª División o vindeiro mes de xaneiro que é cando comeza a liga e estamos moi ilusionados", engade Lino Hermida.n

Te puede interesar
Más en Universitas