UNIVERSITAS

A Univesidade de Vigo promove a práctica do atletismo

g2_result
photo_camera Mato e Hornillo estreitan as mans tras asinar o convenio de colaboración.

Vén de asinar un convenio coa federación galega desta modalidade deportiva

A Universidade de Vigo e a Federación Galega de Atletismo veñen de firmar un acordo de colaboración co fin de promover a práctica deste deporte. Entre outros temas, este acordo permitirá compartir instalacións deportivas, organizar probas, regular prácticas para estudantes e que un técnico da federación supervise os adestramentos do equipo universitario.


O acordo asinado por ambas institucións estipula que a Universidade se compromete a colaborar na organización dos campionatos galegos cando estes se celebren nas cidades de Vigo e Ourense, así como na realización dos adestramentos por parte dos atletas con licenza en vigor pola Federación. Tamén colaborará na organización de cursos de formación de técnicos ou xuíces. Por outra banda, esta sinatura compromete á FGA  a exención do canon oficial aos eventos organizadas pola Universidade, así como a facilitar a realización de prácticas curriculares dos estudantes do Grao de Actividade Física e do Deporte nos clubs ou núcleos de atletimos galego. Ademais tamén se prestará asesoramento á Universidade, así como descontos dun 25% nas matrículas nos cursos de formación organzados pola federación para a comunidade universitaria.

Te puede interesar
Más en Universitas