EXPERIENCIA SOLIDARIA

O xadrez, unha vía de escape para os refuxiados sirios en Azraq

A escola de Pontevedra está inmersa desde 2016 no proxecto “Ajedrez: estrategia por la paz”

As xogadoras do equipo de loita olímpica no podio.
As xogadoras do equipo de loita olímpica no podio.
O xadrez, unha vía de escape para os refuxiados sirios en Azraq

“Ajedrez: Estrategia por la Paz” é un dos múltiples e máis ambiciosos dos proxectos da Escola Xadrez de Pontevedra, cuxa primeira inmersión en Azraq foi no ano 2016.  Pablo García, mestre internacional do equipo Universidad de Vigo, é unos dos membros da expedición que viaxou por segundo ano consecutivo ao campo de refuxiados sirios de Azraq (Xordania), onde o pasado ano puxeron en marcha unha escola de xadrez e este regresaron para continuar cunha labor solidaria para a que atoparon novos apoios, especialmente entre os escolares.

Cal é o obxectivo deste proxecto?
Contamos con dúas líneas de actuación. A primeira no campo, onde damos soporte a escola de xadrez que creamos o ano pasado no campo de refuxiados sirios en Azraq. Tamén se pretende combatir patoloxías derivadas do estrés postraumático á par que se crea un ambiente de integración e ocio. Formar profesorado para dar continuidade ao proxecto, así como dotar de material pedagóxico e potenciar a relación establecida entre o alumnado dos centros de ensino de Pontevedra e os refuxiados sirios, son outros dos obxectivos de campo. Por outra bada, en “casa”, o que pretendemos é concienciar á xente, incidindo na comunidade escolar, das barbaries provocadas polas guerras e a realidade dos refuxiados.

Como surxiu a idea de embarcarse neste proxecto?
A Escola de Xadrez de Pontevedra mantén un perfil de acción social activo. Realízanse múltiples actividades con fins solidarios. En maio de 2015 convidamos ao “Xadrez na Rúa ao escritor Álvaro van de Brule, que leva anos realizando viaxes aos lares máis desfavorecidos falando da súa paixón polo xadrez e co seu tableiro baixo o brazo. Tiñamos claro que queriamos mover peza e levar o xadrez aos refuxiados, como xogo, elemento socializador, ferramenta educativa e mensaxe de cariño da nosa cidade.

Cada vez sodes máis as persoas implicadas en “Ajedrez: Estrategia por la Paz”.
De feito que si e estamos encantados. A expedición que viaxou este ano estivo integrada pola psicóloga e monitora de xadrez, Alba Piay; o doutor en matemáticas, Julio González; Daniel Rivera, mestre internacional e Fide Trainer; Álvaro van den Brule, escritor; e máis eu. Ademais, o equipo do proxecto o completan David Fernández, Gonzalo Reboreda e José Alberto Portela, xunto ao apoio incondicional de numerosos pais e nais da escola e coa colaboración de “Ajedrez sin fronteras” e dos centros de ensino e o Concello de Pontevedra.

O ano pasado foi a creación da escola e formación de monitores, que vos atopástedes este ano ao chegar a Azraq?
O primeiro moito cariño. Impresiona pensar na súa situación e como te reciben e te lembran. A nivel organizativo xa tiñamos algunha pista de que todo fora ben, chegaron a organizar varios torneos dentro do campo. A nivel técnico sorprendeunos moito a evolución dun dos mozos, de feito Acnur o vai apoiar para que participe en competicións en Amman. A cruz da moneda foi ver a tanta xente nova, por desgracia a realidade é que case se duplicou a poboación do campo.

O proxecto non só se leva a cabo en Azraq, contades con tareas de sensibilicación ao regreso, cales?
Ademais da “obligatoria” charla na nosa escola, é sorprendente pero fomos capaces de acudir a todos os centros de ensino que nos solicitarion e tamén a coloquios organizados por diferentes organizacións sociais. 

Pretendedes así implicar ao maior número de persoas, de feito destaca o colexio Tenorio de Pontevedra que se involucrou moito.
Este é o mellor exemplo do movemento social que queriamos xerar. O ano pasado foi un dos centros ao que acudimos a explicar o proxecto e este ano nos sorprenderon cunha campaña “Un lapis, unha cor, unha goma, igual a un sorriso”, unha iniciativa do centro á que pronto se sumaron outros colexio da zona e que permitiu recoller moitísimo material escolar que nós mesmos levamos.

Cal é agora o seguinte paso?
Oxalá puidera decir que non haberá máis pasos, que non existe este campo e ningún outro, pero desgraciadamente avánzase ao contrario. Queremos que este proxecto siga medrando e se unan novos colaboradores. No tocante ao vínculo con Azraq creo que xa é algo que Pontevedra, e en especial a xente da expedición, levará sempre no seu corazón.