DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Abertal organiza dous concursos para celebrar as Letras Galegas en A Rúa

Os gañadores dos concursos lucirás as súas obras; o debuxo do cartaz e a redacción será leída ese mesmo día

 

 

A Asociación Cultural Abertal da Rúa organizou por primeira vez, sendos concursos con motivo da conmemoración do Día das Letras Galegas. O primeiro é o “I Concurso de Carteis. Día das Letras Galegas” para os alumnos dos cursos de Infantil e Primaria. Os participantes deben realizar a súas obras tendo en conta a especial homenaxe deste ano a Luisa Villalta. O debuxo que resulte máis orixinal, recibirá un premio sorpresa e o privilexio de ser o cartaz informativo deste ano das Letras Galegas de Abertal. 

A asociación de músicos tamén lanzou outro concurso, desta vez centrado nos alumnos de ESO e Bacharelato. Trátase do “I Concurso Literario”, no que os participantes deben facer unha redacción tendo en conta tamén á homenaxeada deste ano. Haberá un premio sorpresa para a mellor redacción e o texto do gañador será leído na actuación do Día das Letras que Abertal ofrece cada ano. 

Desde a agrupación animaron ós seus socios a participar nas iniciativas e anunciaron que o prazo máximo para a presentación dos traballos para ambos concursos remata o día 8 de abril e o veredicto do xurado se emitirá o día 26 de abril.

Esta asociación cultural leva máis de 35 años funcionando na Rúa. Esta é a primeira vez que lanzan dous concursos deste tipo para conmemorar o que para eles é un día especial cunha celebración tamén especial.n

Te puede interesar