Detidos en O Barco tras roubar varios aparatos tecnolóxicos nunha vivenda

O roubo aconteceu o pasado 20 de decembro no domicilio dun familiar, onde tras apoderarse das chaves, accederon ao interior e leváronse material tecnolóxico

A Garda Civil de O Barco de Valdeorras detivo este mércores a M.T.A, de 30 anos de idade e ao seu irmán J.T.A, de 28 anos, ambos os dous veciños desta localidade ourensana, como presuntos autores dun delito de roubo con forza.

Segundo sinala a Benemérita, o roubo aconteceu o pasado 20 de decembro no domicilio dun familiar, onde tras apoderarse das chaves, accederon ao interior e leváronse material tecnolóxico: unha televisión, unha consola, un reprodutor de DVD e un ordenador.

Estes obxectos posteriormente foron vendidos na mesma localidade. O caso foi comunicado ao Xulgado de Instrucciión número 1 de O Barco de Valdeorras.

Te puede interesar