ENTROIDO 2015

Daniel Álvarez: "Cos bombos pónseme algo no corazón"

photo_camera Daniel Álvarez Prada.

As Mázcaras son as figuras máis tradicionais do Entroido de Manzaneda. Daniel Álvarez Prada é unha delas, formando parte do folión ou fulión do pobo de San Martiño

As Mázcaras son as figuras máis tradicionais do Entroido de Manzaneda. Daniel Álvarez Prada é unha delas, formando parte do folión ou fulión do pobo de San Martiño. Explica que o futuro desta tradición está asegurado.

Cando empezou a vestir de Mázcara?

Empecei de pequeno. Xa cos meus país. Encomezámonos a disfrazar, a bailar e xa había xente que bailaba. Despois comecei a bailar eu tamén. Dende pequeniño, cando tiña sete ou oito anos. Agora empezan antes, lles fan os traxes e antes non había para facelos. Por iso iniciábanse máis maiores. Na actualidade, con catro ou cinco anos.

É difícil o baile da Mázcara?

Hai xente que me pide que lle dé clases de baile. Damos voltas e para que diga bonito facemos soar as chocas ao ritmo dos bombos. Non se pode acelerar, mais tampouco ir moi despacio e hai que mirar cara o público. Non ensaiamos, pois bailamos bastante todolos entroidos. Ao principio temos máis maniotas e aguantamos menos. Cando comecei bailaba moito pior que agora. Vaste fixando como fan os outros e, ao final, o acabas facendo ben. Anque algúns bailan mellor. Que outros, como pasa con todo.

Que sinte cando viste o traxe?

Eu non sei describilo. Cando vas sentindo os bombos polo pobo, as vibracións que transmiten, a xente... O ritmo fai que bailes. Traballo en Santiago e cando veño aquí, so con sentir os bombos ao lonxe pónseme algo no corazón e me dan gañas de saír. Non é o mesmo ir nun desfile de folións que facelo no teu pobo, que vas entre casiñas pequenas e antigas. É moi diferente. Non ten comparanza.

O ritmo do folión varía?

Sempre é o mesmo ritmo. Os pobos temos igual toque. Varía, pero case nada. A base é a mesma. Somos igual que Manzaneda pobo, San Miguel ou Raigada. Todo o contorno de aquí toca igual. De Manzaneda para alá, cada pobo ten o seu toque. Neste Concello pode variar un pouco, porque os de Langullo deixan de facer dous toques, pero é o mesmo ritmo. No folión de San Martiño, vestímonos de Mázcaras uns 15 maiores e 7 nenos. Bombos hai outros 20, 7 aixadas. Tamén hai tambores. Se chove, non nos vestimos. De noite non soemos poñernos a Mázcara pois fai moito frío. Nos vestimos máis de día. Sudamos e, anque le- vamos roupa que transpira, sem- pre quedas frío. É moi cansado ir de Mázcara.

Te puede interesar