ENTREVISTA

Juan Anta: “O rural precisa ter discriminación positiva e axuda das administracións"

photo_camera Juan Anta Rodríguez, alcalde de A Veiga.

Juan Anta Rodríguez incorporouse ao mundo da política activa nas Municipais, que gañou claramente para o PP, obtendo catro concelleiros, por dous o PSOE e un os independentes.

Juan Anta Rodríguez incorporouse ao mundo da política activa nas Municipais, que gañou claramente para o PP, obtendo catro concelleiros, por dous o PSOE e un os independentes. Os seu desembarco na actividade pública non puido ser mellor, obtendo a Alcaldía de A Veiga, o cargo de deputado provincial e a dirección da área de Deportes da Deputación Provincial.

Como foron estos primeiros meses na Alcaldía?

O primeiro que fixemos foi observar como estaba o Concello. As contas, os proxectos e as obras para empezar a traballar. Comezamos coa ilusión de quen empeza de novo e a seguimos tendo para poñer en marcha os nosos proxectos. Estamos executando obras por casi 350.000 euros e puxemos en marcha actividades como a carreira popular ou a ruta dos pinchos.

Sorprendeulle o que atopou dentro da actividade política?

Fai case un ano que fun designado presidente do PP de A Veiga. Antes, non tiña contacto, anque, sendo fillo de concelleira tes unha vinculación. Ademais, a política sempre me gustou como vocación, no meu pobo. Posiblemente, se ao propoñerme encabezar a lista fose noutro Concello en aAVeiga, diría que non. Entre outras moitas razons, o aceptei porque entendín que podo axudar ao pobo onde nacín.

Non ten medo a que o seu rápido ascenso desperte celos no seno do PP?

Sempre hai que intentar ser humilde. O único que fago é traballar moitas horas para axudar no que podo aos veciños de A Veiga e defender os intereses da comarca. É o que intento facer e tamén o que vou seguir facendo. É o meu obxectivo: traballar con humildade e axudar no que poda.

Aposta polo turismo. O futuro do Concello está neste sector?

É un dos sectores máis importantes para o futuro de A Veiga. Hoxe conta con casi 140 prazas hoteleiras e, polo tanto, temos que cuidar e proxectar A Veiga como destino turístico. As terras altas de Trevinca deben ser unha referencia. Contamos con recursos: temos Pena Trevinca como o pico máis alto de Galicia, os únicos 2.000 da Comunidade Autónoma, o grupo lagunar máis importante e pradeiras a 850 metros de altitude en exclusividade. Posuimos un turismo micolóxico e cinexético envidiable e cada vez máis demandado. Sen dúbida, A Veiga ten que poñerse no lugar que merece: unha das referencias do turismo rural en Galicia.

Ten encaixe A Veiga no xeodestino de Valdeorras e Trives?

O proxecto do xeodestino vaise a poñer a funcionar de maneira inmediata e por suposto que encaixa A Veiga, se tamén o fan os seus in- tereses e os da comarca.

Trevinca e Manzaneda son compatibles, na súa promoción?

Por suposto. A colaboración entre proxectos con similitude é unha ventaxa para presentar unha oferta turística de calidade.

Na súa forte aposta polo turismo non estará deixando a un lado a gandeiros e agricultores?

Considero que A Veiga, amén de outros modelos produtivos, ten tres sectores imprescindibles: turismo, construcción e a actividade gandei- ra e agrícola. Son os tres piares básicos sobre os que debe xirar o futuro de A Veiga. No tocante á gandeiría e á agricultura, temos en mente unha cooperativa de apicultura. Imos axudar, subvencionando as cuotas dos autónomos. A devandita cooperativa será unha ferramenta para xerar emprego.

Colaboran as outras administracións con A Veiga?

Dende que estou aquí, a colaboracion coas outras administracións é excelente. A Deputación estanos a apoiar dende o primeiro intre. Non obstante, sempre reivindicamos máis. O rural é a nosa guerra. Debemos defendelo. O rural nece- sita unha discriminación positiva, precisa de axuda e as administracións supramunicipais deben crer no rural. Sempre digo que teñen os mesmos dereitos 25 nenos en A Veiga que en Madrid. Entre outras cousas, porque os seus pais pagan os mesmos impostos. Debemos defender o rural dende as administracións locais e supramunicipais.

Hai queixas de que as administracións antepoñen as vilas ao rural. Tamén o cre?

Coincido en que debemos reivindicar o rural e loitar por el. Se as administracións supramunicipais non apostan polo rural, non fan unha discriminación e non invisten nel, o modelo agrario e gandeiro tradicional ten pouco futuro. Debemos reivindicar que nos axuden a establecer un modelo cun futuro sostible, de calidade de vida e, en definitiva, que xere emprego.

Que opinión ten da oposición, tras estes primeiros meses de mandato?

Nun primeiro intre, falei con ela e lle dixen que o máis importante son os veciños, que esquecésemos as pequenas rivalidades e cores políticos. O que nos importa é que a Veiga estea onde debe estar e que os veciños teñan os servicios que lles poidamos ofrecer. Nos últimos tres meses a única aportación que fixofoicriticarosoldodotenente de alcalde. Nada máis. Polo tanto, considero que deben cambiar esa mentalidade para que todos xuntos traballemos polo Concello.

Falenos do Destino Starlight.

O Destino Starlight supón recoñecer que o ceo de A Veiga é un dos mellores catorce ceos do mundo. É importante para nos e imos intentar facer un observatorio, estamos a construir un mirador e imos seguir coa sinalización turística. O desenrolo do astroturismo debe ir acompañado da posta en valor o noso turismo de montaña, das nosas praias, o cinexético e micolóxico. Queremos ser unha referencia no turismo rural de Galicia e para iso debemos ter unha oferta diversificada e de alta calidade.

Te puede interesar