Cartas al director

O monedero de Corinna

“Co rei deiteime, máis puta quedeime” (Refrán anónimo)

Segundo a amiga de Juan Carlos de Borbón, a orixe da súa fortuna acadada en España en tan curto tempo, surxe das moitas “xestións delicadas e confidenciáis pra o goberno español”. O CNI os califica coma “asuntos delicados, clasificados específicos”(¡). Ou sexa non o saberemos endexamáis. Pola contra, o señor Monedero tennos que dar conta dos seus traballos pra gobernos extranxeiros. Eiquí, non vale aducir confidencialidade de Estado. Non é o mesmo unha dictadira chavista cunha democracia europea.

O que se sabe da noble dama é que ten ingresados máis de trinta millóns de euros en entidades financieiras suizas. Cando chegóu a España viña cunha mán diante  da  outra atrás. O que se dí en pelota picada. Non é milagro cun corpo tan escultural coma espido despertase a salacia borbónica. Istes cartos non tributaron pra as arcas do noso Tesouro.

¿Cómo iba pagar impostos unha princesa residindo nunha mansión real, unha alta comisionada/comisionista pra negocios segredos do Estado? Non esquezamos que o señor Monedero é un plebeio, que ten a obriga de tributar por unhos ingresos tranferidos dende o extranxeiro e non depositados nun paraíso fiscal, que abondan no Caribe.
Contrariamente aos poderosos medios da comunicación coas súas informacións reiterativas sobre as andanzas económicas do señor Monedero, paradigma segundo eles da corrupción ( que eu entendoa coma mamar sen reparos éticos das ubres do Estado), cerebro satánico, seica, dunha financiación ilegal do seu partido, non é algo que me quite o sono. O que me cabrea é o silencio sobre as andanzas de Corinna, ao orixe da súa fortuna, máis que unha calderilla de monedero, é unha faltriqueira chea de billetes, libres de impostos, o seu custo en seguridade, residencia e transporte, gratis total. Todo un gravoso paquete que pagamos os españolitos da pé.

Xa mentaba Jesús Cacho no seu libro “El precio de la libertad”, os escarceos dunha picha brava rexia. Lembro unha anécdota dun paisano meu. Mandóu de vacacións o seu fillo dende México a España. Farto de enviarlle tantos cartos ao vástago, decidiú preguntarlle ao seu irmán en España a causa de tanto dispendio. A resposta fói rápida e lacónica: “Irmán, a tenreira en España é cara”. Ainda que cara, é máis barato que botar un quiqui cortesano, polo que se vé.