Cartas al director

Aclaración sobre persoeiros do pasado

Don Juan Francisco Fernández, no xornal La Región de fai uns días, falaba sobre dous persoeiros famosos e moi coñecidos dos ourensans de aquel tempo. A Amadora, personaxe entrañable coa que a mocidade de entonces se metía, facendoa rabear pero sentindo ó mesmo tempo unha certa simpatia e cariño, vendía periódicos, como vostede ben dí. Facilitáballos a viuda do Lisardo, e engade vostede: "negocio onde tamén estaba a súa irmá". Sen ánimo de nada, quero desfaguer o erro, porque esta dona nunca estivo neste negocio, con nome de Viuda do Lisardo. Sempre foi rexentado polas súas fillas.
Lisardo Castro, O Cego,  foi outro personaxe coñecidísimo en aquel noso Ourense. Vendía e pregoaba os xornais polas rúas; recordoo con voz forte berrar, "La Zarpa", "O Faro", terminando sempre o seu pregón dicindo: "solo valen un can, e despóis de leelos sirven pra calquera cousa", refirindose con sorna a limpar o cú. Estaba casado e súa dona tiña un posto de pescado (moito lamento non lembrarme do seu nome). Tivo, que eu sepa, catro mulleres e un home. Este Pepe, igual que a súa nai, tiña un posto de pescadería, cando este estaba nos baixos da carcel da Coroa, dando cara á Barreira. As irmáns, ó falecer Lisardo, seguiron co negocio dos periódicos, nacendo de ese xeito o que se chamou familiarmente "A Viuda de Lisardo".

Laura, viuda de Garda Civil; Benita, ó seu marido, dono da perruqueria que levou o seu nome, Alfonso, na rúa de Pontevedra, frente os Almacenes Olmedo; Rosa, esta, que eu sepa, morreu solteira e Eudosia, nai de Lucho (Emilio Ruiz). Esta última, se non me trabuco, estaba de empleada nos baños do Outeiro, que deixou pra porse ó frente do negocio, sendo a que máis tempo lle adicaba. Co tempo, seu fillo Lucho rexentou, dirixiu e engordu o negocio, sen duda, foi a "alma mater" do mesmo.

En canto ó Capitán Bombilla, nunca soupen que estivera na División Azúl, e si estuvo, cousa que moito dudo, de alí non voltou tolo. Coñecín á súa irmá, ó seu home e máis a ela. Vivían de traballar a terra e do rianxo que daba o seu cultivo. Emilio, Capitán Bombilla, tódolos días sen perder un só, pousaba unha flor no peto de chamada da porta da casa na que vivía o seu gran amor.
E aí me quedo.