Cartas al director

Felices festas, Xunqueira

Amigos e amigas:

Desde o máis profundo do noso interior vos dicimos: Xunqueira, estou contigo, porque me miras desde a vila sana. Aínda que pase cara Maceda polos teus camiños sin determe, non me privo de quererte. Canta, Xunqueira de Ambía, como canta o reiseñor que te cura como cura. Reza, Xunqueira, como reza o teu cura de San Martiño, que sempre vive contigo.

Canta, Xunqueira, como cantamos trece anos xuntos: “Con tres diademas corona/ tus méritos el Señor… Virgen, mártir y doctor,/ Pedro invicto de Verona”… Canta como cantamos trece anos xuntos: “Entre heréticas espinas/ naciste, Pedro Sagrado,/ sin haberte lastimado/ con sus punzadas dañinas./ Y es que tu Fe con fervor/ nunca al error se abandona…”.

Lembra, Xunqueira, que un día un adversario de Pedro, finxindo estar enfermo, pediulle que o sanara, e Pedro lle replicou: “Se estás malo, que sanes; se estás bo, que te poñas malo”. E, o que finxira, púxose malo, malo, malo. Pero o noso santo curouno e… fixéronse amigos o mentiroso e o santo.

Lembra, Xunqueira, que san Pedro de Verona, mártir, (1205-1252) dedicou moitas horas a oración, a penitencia e a predicación. Predicaba o que oraba, e ensinaba o que vivía. O Credo católico fortalecía a súa vida e daba vida ao que dicía. Aos seus verdugos, pouco antes de asasinalo, díxolles: “Nada gañaredes con matarme; na outra vida terei máis forza ca nesta”.

Que o día 27 goces, Xunqueira, na verbena con La Gramola. Que o día 28 disfrutes coa “Busca do tesouro”, coa mostra do teu colexio Padre Crespo para o Día Internacional da Danza, e con Xoldra na verbena. O día 29, día do santo, celebrarás a misa máis solemne de toda o diocese, porque por algo e para algo Luis Javier é o cura que mellor canta, nunha diocese na que tódolos curas cantan ben. Que esa tarde disfrutes cos marabares de Simplemente Enricco e coa música da Asociación Os Fuelle

Amigas e amigos, que se ouza o órgano, que cante o cura, que goberne o alcalde, que siga de director o director do Padre Crespo, que vos acompañe o salesiano de San Martiño, que san Pedro de Verona continúe derramando luz, verdade e victoria sobre todos vós; tamén sobre Avelino, que tanto o quixo. ¡Felices festas, Xunqueira, desde Ourense e Bustavalle, sin esquecer Maceda!