Cartas al director

Festa en Xunqueira

“Deus é humor e, sobre todo, Deus (e nunca mellor dito)  é amor”, diríanos hoxe san Pedro de Verona, mártir. 

E, con palabras de Gloria Fuertes,  invitaríamos a expresar: “Y tú, Jesús militante, / mártir compañero, / bárreme lo malo, / déjame lo bueno. / Tú puedes, poeta, Nazareno, / sepárame la víbora del heno / y junta nuestras manos / así como tú y yo / juntamos nuestros versos”. 

O día 29  de abril tódolos anos Xunqueira de Ambía multiplica por cinco a súa poboación. Os devotos  que ten san Pedro de Verano, mártir, na vila, e na contorna, crean un ambiente de festa, que se expresa con cohetes, bombas, música, pulpo e tenderetes; con piedade popular nun  ameno e devoto deambular 

É, o día 29, unha xornada de devoción popular en Xunqueira. Na Exhortación Apostólica Evanxelii Gaudium dinos o Papa Francisco que a piedade popular manifesta unha sede de Deus que só os pobres e sinxelos poden sentir. A piedade popular é un precioso tesouro da Igrexa Católica. Camiñar xuntos  aos santuarios… é en sí mesmo un xesto evanxelizador. 

Este é o horario, amig@, dos  actos principais: ás  9 e 10, misa rezada; ás 11, misa, cantada pola coral “Voces e cordas”, de Sobrado do Bispo; ás 12, misa, cantada polo coro parroquial; ás 12:45, procesión polas rúas da vila, amenizada pola Banda de Música de Xinzo de Limia; ás 18:30, representación da obra teatral “Felipa cos contos”; á tarde-noite, Verbena, amenizada pola Orquestra “Assia”. Remata a festa o domingo, día 30, coa actuación, pola tarde, da Orquestra “Imperium”.

Durante a novena cantaron, e o día 29 cantaremos, tamén ti e máis eu: “Con tres diademas corona / tus méritos el Señor; con tres diademas corona / tus méritos el Señor: virgen, mártir y doctor, Pedro invicto de Verona…”.

Non caberían neste corto, aínda que cariñoso, artículo os nomes dos “vecinos do Campo”, que cuidan e honran a san Pedro, na súa capela, durante todo o ano; menos caberían os nomes dos xunqueireños devotos de san Pedro. (¡Ben o apreciei durate trece anos!) Porque non caberían,  tan só podo nomear a Avelino Cid Borrajo e a Pedro Cid Conde, que representan a todos e  a todas. 
Durante toda a xornada hai en Xunqueira máis pálpito que cálculo, máis devoción que púlpito.  Amig@, espérannos, a ti e a min, os xunqueiranos con pálpito sin cálculo, o día 29. Vémonos.