Cartas al director

Homenaxe a D. Amando Iglesias Bello

O sábado día 20 celebrouse no Castelo de A Peroxa a "Noite dos Metelos", festa distinta e orixinal entre todalas coñecidas, mezcla de pasado e presente, enxebre e auténtica en sí mesma. Dita festa é organizada por os comerciantes de A Peroxa co apoio do concello. No osbtante o seu ideólogo e organizador e Xoan Lois Fernández, do bar 1984, e un deses persoeiros que só se dan de cando en cando, nado na vila de Allariz que veu espertar o pobo dormido de A Peroxa.

Pois ben, Xoan tamén propuxo rendir un homenaxe a Amando Iglesias Moure finado no 2013 ,por haber sido un gran defensor do Castelo e das riquezas do pobo de A Peroxa, con todo-los medios que tiña o seu alcance.
Dito homenaxe celebrouse nesta data sinxelamente, contou coa representación corporativa do señor alcalde Manolo e coa concelleira de cultura Fernanda, os que lembraron a figura de Amando.

Por parte desta  familia e tamén no seu nome queremos agradecer a todos os veciños, corporación, comerciantes e sobre todo a Xoan  a súa labor en prol de poñer en valor o nome de Amando Iglesias Moure, gran defensor e conseguidor das riquezas da A Peroxa. Sentiríase moi orgulloso deste recoñocemento, e de ver que os seus pasos teñen continuidade en persoas valerosas e imaxinativas como Xoan. Grazas.