Cartas al director

OBITUARIO | Adiós a un empresario

Mentiría se afirmase que coñecía a José Manuel Pérez Canal, o coxerente de Aceites Abril e presidente da Confederación de Empresarios de Ourense. Con todo, si coincidira con el nalgúns momentos importantes. Durante a cea do 40 aniversario da Confederación de Empresarios de Pontevedra, nunha das reunións de principio de ano da Confederación de Empresarios de Galicia tras a dimisión de Antón Arias, o día da toma de posesión da presidenta do Círculo de Empresarios de Galicia. En todas estas ocasións sinaladas conformeime unha opinión acerca del. 

Agora, co seu falecemento aos 56 anos presa dun cancro recentemente diagnosticado,  estou liberado de poder dala. Era un empresario en maiúsculas, dialogante pero rochoso. Decidiu encabezar a patronal de Ourense e conseguiuno, superando a dimisión de dous dos seus vicepresidentes e conseguindo unha patronal con estabilidade interna e contas razoablemente saneadas, unha organización estable. 

Un empresario cun modelo de empresa na cabeza, comprometido con Ourense e respectado na súa provincia e fóra dela. Intento ser presidente da CEG e non o conseguiu, pero, empresario dos pés á cabeza, volveuno a tentar e acabaría conseguíndoo. 

Unha historia como peche, fai uns seis anos o coordinador de Rexistro de Buques da Capitanía Marítima de Vilagarcia comentome que tivera a visita do presidente de Aceites Abril, o cal desexaba realizar a instalación duns depósitos no porto para acumular o aceite que traía de Andalucía e outras rexións para procesar despois na planta de Ourense. O funcionario indicolle que non era posible e preguntou por que a planta tíñaa en Ourense se a materia prima adquiríaa nos oliveirais do sur, e se non sería máis cómodo o instalar a planta alí. A resposta, querido lector: “Porque somos unha empresa galega”.

Descanse en paz