Cartas al director

Ourensán fóra de Ourense

Excelente amigo. Ourensan fóra de Ourense. Era un dos mellores secretarios xerais que tivo a Xunta de Galicia, recoñecido, querido e apreciado por multitude de galegos e galegas. Da a impresión de que a industria, a educación e a cultura non serían tal e como son hoxe se non contaran ca xestión pública da súa intervención. Para min, o amigo Homero pasou do ámbito profesional, ó político, ó oficial para enredarse no afectivo e familiar. Poucas persoas se achegaron e se comprometeron tanto conmmigo como el. Unha anécdota: cando o presidente Fraga advertía algún lapsus de xestión ou información en algún membro do Goberno, solía advertirlle: 'usted lo que necesita es un Homero en su entorno. Búsquelo'. Amigo, seguiremos comunicándonos a través do tempo, compartido e o recordo firme do noso afecto. Unha aperta.