Cartas al director

A tristeza de Ourense

Arthur Koestler falaba nas súas memorias da tristeza de Bagdad e da tristeza de Xerusalén ao igual que Arturo Casardomato falaba na súa cátedra do Liceo da tristeza de Ourense. Así se recolle nunha nota que apareceu no mesmo banco do Parque San Lázaro no que sentaba o poeta que non busca autoridades nin academias e que foi atopada por un rapaz que aínda esta abraiado pola new perspective de Donald Byrd. Aquela folla escrita con mala caligrafía simplemente dicía: “Sinto a tristeza de Ourense cando escoito o canto de Alejandro Sanz. Ler ao Ludwig”. Tipo melancólico, este Casardomato que sustitue a absenta polas cancións de Alejandro Sanz.