Cartas al director

Andrómenas e caralladas

Acabo de sentar na cadeira de brazos de cada noite. Despois da miña habitual cea lixeira. Aínda así, algo me embarulla a dixestión. Outro día difícil, de horizontes avoltos, noticias que cabrean, suores fríos e nervios que devoran. Son un calquera. Coma ti, coma ti, coma ti e coma ti. Nin máis nin menos. Ou si. Non sei. Quizais o xesto máis responsable sexa botar un sorriso ousado e fuxidío e portarse ben. Como unha e outra vez fan os que intentan non estar.

A vida ao bordo do tellado arrastra consecuencias. E máis ao petar. Por iso quizais cunha nova estratexia todo teña outro sentido. Outra razón. Quizais. Por iso.