Cartas al director

Non entendo

Recortes sen coitelo pero que esgazan e fan sangue. Ringleiras de parados sen papel suficiente para tomar apunte de tantos. Fame que abriu portas e que semella que entrou para ficar longo tempo. Xente de a pé que paga os vicios e negocios dos defensores dunha patria interesada. Obediencia e submisión que se lle rende a quen para salvar un suposto benestar non fai outra cousa que empurrar ao baleiro a quen lle sobra. Corpos desfeitos de inocentes criaturas exhibidos enriba das nosas impolutas mesas. Disparos que polo de agora aínda non asubían ao noso carón. Cada mañá de cada día executo sempre o mesmo discorrer: café e xornal. Minutos rabuñados ao madrugar para supostamente percibir como se desenvolve o mundo.

E non entendo como despois de tantas mañás de tantos días sigo executando o mesmo discorrer sen estourar de rabia ou de noxo. A estas alturas incluso me atrevo a recoñecer que o recuncho de persoa cabal que habita dentro de min cada vez é máis cativo. O meu día a día continúa mentres a dexeneración se apodera a dentadas de todo. Asústame incluso o saberme convencido de que todo iso non vai comigo. Como se as miñas ventás foran alleas á angustia dos demais. Como se o día a día de cada un de nós se reducira a mirar cara a outro lado. Ou en tapiar as ventas de antes para aliviar a nosa conciencia. A mesma que esta doutrina dócil e temerosa que nos rodea nos ensinou a asear can