Cartas al director

Os noventa anos de Víctor Campio: parabéns

O 15 de xullo de 1928 naceu en Garabás o gran poeta Víctor Campio Pereira. Desexo felicitalo polos noventa anos e agradecerlle publicamente as moitas horas  de leda conversa na tertulia do grupo Tovar, primeiro, e agora na de Campio, ainda que él nunca quixo recoñecelo,  éra a alma da tertulia. Sempre repetía "son un máis¨, pero non.

Agora que non ven a tertulia hai uns meses, ésta esmorece. Acudimos con irregularidade porque sentimos fondamente  a súa ausencia.

O pasado 19 de outubro, o Ateneo de Ourense e o Pen Club de Galicia organizaron unha merecida homenaxe a Victor Campio, á que eu asistín, con emoción, a  todas as expertas intervencións  sobre él e a súa obra. Certo que se pode falar moito e ben da súa obra, pero eu fareino como amiga dende  1991, coa admiración que me produciu a vida deste home singular que él describe con mestría: a miña azarosa vida -de tren en tren e de pousada en pousada-... coa maleta (que era a miña casa). 

Tivo atrevemento dabondo para viaxar por Marruecos por obriga. e por pracerpara. Embarcar de Cartagena a Rusia, ida e volta, nun barco fruteiro cargado de laranxas, unha vez que superou a sorpresa de comprobar, que, a pesar das manifestacións do réxime de Franco sobre Rusia, si había relación comerciais.

Baixo un aspecto fráxil e  tímido que, as veces, inducen a erro, hay un home de fortes conviccións, incapaz de toleerar unha inxusticia ou unha humillación. Bon pai, amante esposo -inolvidable o soneto dedicado a súa dona Isabel Nolasco-, foi o amigo leal que paseaba por Madrid a  Xosé Ramón Fernández Oxea (Ben Cho Sey), xa enfermo, ou o amigo cumpridor da promesa feita a Tobío Mayo, de lle publicar o libro cando chegaran "mellores tempos"; pero tamén, de ser quen de improvisar un soneto nuha comida a Alonso Montero ou, en tempos mozos, a unha vedette da Coruñesa.

En palabras do propio Campio, escritas hai tempo: "Nos agora, xa coñecemos as dúas ladeiras: aquela por onde se sobe e esta por onde estamos a baixar. Oxalá que os nosos pasos se vaian sucedendo con tento e devagar".

Que así sexa, querido amigo Campio, con tento e devagar ou, como lle escribiu Xulio López Valcárcel na adhesión a homenaxe de outubro ¡Longa vida e memoria!