Cartas al director

A corrupción invade a nación

Sona esa horrorosa música de fondo, a hora do almorzo, do xantar ou da cea, en todolos medios falan dos que levan a saca chea, ávaros que nunca teñen de abondo, nin lle falta de algún político entorno donde reciban con cariño soborno.

Ábalos, que foi á bancada dos desamparados, non está entre os imputados, pero por il dobran as campás coma un fino asubio que a soidade espanta, sin poder oír esa voz que canta “cuando un amigo se va...”. Non hai peor condena ca recibir o estoupido dun torpedo enviado por teu propio dedo coa corrupción por metralla, tanto medo aos principios de igualdade mérito e capacidade é unha grande falla para o encargo de elixir un cargo.

Cargo de confianza que ben debera ser de quen lle paga e non de quen lle manda. Neste caso quen paga cala e otorga e o asesor cobra, defrauda e logo vaise de esmorga facendo do cidadan a meúdo sorna. O asesor da mascarilla, quen lle puxo a Cruz branca na solapa, merecera cravar na man a grapa, se fai falta troncos a bocados rilla, ¿que non fara se a caixa forte a seu alcance pilla? Pois abrirlle polo fondo unha villa, vivir a todo luxo ,papando solombo de cuxo ,e sin que se lle pouse un aruxo.

Consumados os feitos, perxudicados os contribuintes en seus dereitos, hai que por cabezas nas bandexas, para o Goberno a dun ministro chega, pero a oposición di que o presidente estaba ao tanto, contestanlle: “Veñan as probas ó canto”, o pobo, con mais paciencia ca un santo, espera que se levante o segredo do sumario, para ver a quen tapan co sudario. No Parlamento, eu non entendo, encenden o ventilador a máximo rendemento, voan puñais, silvan as balas, fogos de artificio con pouco beneficio, uns apelan a presunción de inocencia para tapar a pouca decencia, outros acusan sin probas. Estas cousas non son novas. Sempre a mesma historia, a hora de contratar esquzense de incluir no procedemento ao séptimo mandamento, e tratándose do ministerio de Fomento o que sobra é cara de cemento para poñelo cazo e logo blanquear co ladrillo, e todo cantanto iste estribillo: “Una comisión en el camino me enseño que mi destino, era robaaaar y robaaar, con el dinero del pueblo hago siempre lo que quiero, al margen de la leeeeeey, como si fuera el reeeeeeeeey!”.