Cartas al director

A revolución feminista

O feminismo é o movemento da igualdade real e da emancipación da condición humana fontre as desigualdades imperecedoiras. Mostrar os feitos é o comezo da revolución feminista, xa que un dato sen teoría non ten un significado e unha teoría sen datos é propaganda. Polo tanto, está é a infraestrutura patriarcal que determina o noso percorrido vital:

O 61% dos homes considera que o feminismo os descrimina, o 50% da poboación cre que os homes son mellores líderes, 3 de cada 4 mulleres sufriron o síndroma da impostora, 1 de cada 3 mulleres sofre control polas suas parellas. Desde 2003, 1.239 mulleres foron asasinadas; o 75% sen denuncia previa, só o 0,00001% son denuncias falsas, o 69% dos asasinos machistas en España son españois, a violencia machista entre menores creceu un 29% en 2022. O 83% das mulleres sente medo ao volver a casa de noite; o 77% dos acosadores van en grupo; menos do 40% das vítimas de violencia machista busca axuda. Para o 20% dos mozos, golpear á súa parella non é violencia machista; o 80% das mulleres entre 16 e 24 anos sufriron acoso nas redes. Só o 33% dos personaxes dos debuxos animados son mulleres; o 30% dos personaxes femininos están sexualizados; en 2021, o 38% das películas non pasan o test de Bechdel. En España, só hai un 20% de alcaldesas; só o 24% das persoas nos medios son mulleres. O 74% dos contratos temporais a tempo parcial son para mulleres, a brecha salarial é do 21% e só ocupan o 35% dos cargos directivos. As mulleres realizan o 66% do traballo mundial; ao 70% de mulleres preguntáronlle se queren ser nais nunha entrevista de traballo, o 85% dos abortos en España realízanse en clínicas privadas; as mulleres dedican 4 horas ao día aos coidados, deixando o traballo o 29%. As mulleres sofren o doble de acoso psicolóxico e depresión que os homes; o 45% do bullying que sofren as adolescentes son polo seu corpo. As agresións sexuais a menores soben nun 116% e as violacións múltiples nun 56%; 300.000 mulleres son prostituidas en España, o 91% delas migrantes, sendo o primeiro país en prostitución. 

A pesar disto, só o 53% da sociedade española se declara feminista. Porén, o mundo será feminista ou non será.