Cartas al director

Obituario | Pasamento de Manuel Fernández Barge

Coñecín a súa familia dende que eu era un neno. Seus país Señor Xosé e Señora Elixia, vivían no nº 6 da rúa Xesús Soria, vivenda que tamén tiña acceso ó patio do Bartolo.

Foi unha familia numerosa, composta por catro fillso varóns, Sem, Rafael, Pepe e Manolo e tres mulleres, Teresa, Concepción e Marina, todos eles excepto Sem naceron no Couto. As rapazas iban con frecuencia a tenda dos meús avós.

Abandoaron a casa aló polo ano 1948 e fóronse para a avenida de Portugal, abrindo Sem e os seus irmáns un taller e a pesares de mudar a súa residencia estaban todolos días no barrio. 

Manolo era o máis pequeno dos irmáns, traballou sempre no taller e estivo sempre moi unido a súa familia. Era un bo traballador e unha gran persoa, pero fai dous días decideu marchar co resto da súa familia, así que o derradeiro dos irmáns xa non está.

Expreso o máis fondo sentimento para toda a súa familia e en especial para China.