Cartas al director

Chora o ceo

Un día máis ou outro día menos... ten o seu sentido a cousa. Un día máis que é mellor non poñer a tele e non ver as novas, porque un día máis volta a estupidez humana. De novo unha muller morta a mans dun home, de seu noivo, da súa parella. Un home (chamoo así por educación, sen máis) que a esperou no portal da súa casa e empezou a pegarlle tan pronto a viu aparecer. Non só patadas e tiróns de pelos, arrastrouna polo cabelo e sacouna a rartras do portal, escaleiras de acceso a rúa incluidas.

Un home, unha persoa, pode facer isto? Si é así, i está claro que si é porque algo falla e segue a fallar día a día. 

Non existe conciencia para esta xente, esto e xentuza da pior calaña, neste tempo, no século XXI non se pode aturar.

Non vale explicar nos colexios, non vale por  leis flexibeis que calquera se salta e que cada xuiz entende o seu xeito. Temos que ir a máis... unha de cada tres mulleres (nacemos dunha) morre a mans da súa parella, sexa noivo marido, etc.

Non pode ser, non se pode aturar algo así, hai que porlle punto final dunha vez e non só nós, tamén o noso Governo, as nosas institucions, nosos pais e sobor se todo os xuices de turno e xulgados, na meirande dos casos os principais culpabeis despois do maltratador.

Non só eso, esa mesma xente, un de cada tres homes pensa que en algúns casos o maltrato a muller está mais que xustificado.

Craso error,  endexamis nada pode xustificar algo asi, nunca e sen excepción algunha. Esto, este tipo de mentalidade é a primeira lacra que hai que erradicar. 

Tanto misóxeno barato sobra, tanto sacalos na televisión non axuda, poñamos dunha vez os alicerces para levalo a cabo e que cada un pague como debe, non só coa cárcere... Pensade un pouco.

Unha muller deunos a vida, esa muller que como nai mataria por nós. Decideme que pode xustificar ese maltrato e eses asasinatos.

Nada, tan só a nosa propia iñorancia e chuleria dun ser superior que NON somos nin seremos xamais mentres pensemos así.

Eu, vendo esto, so podo pensar nesa muller  de turno e nese sufrimento sen sentido...

E foi tanta a miña dor, e tan grande meu sufrimento que o mesmo ceo se apiadou de min e chorou  comigo... bágoas de sangue e auga de choiva.