Cartas al director

No pensamento de Arturo Lezcano

Coñecín a Arturo Lezcano, para os amigos (Ruco) aló polos anos cincuenta. Frecuentaba a súa casa, onde seu pai militar do corpo xurídico traballaba no seu despacho, e había acadado certa sona por ter gañado un pleito con dous sinxelos elementos que foron básicos: “Un espello e unha pistola”, a máis dos propios do dereito, recordo os seus comenzos no Cine Clube Miño, no que coido tamén estaba Elixio Lameiras.

Coincidimos nas tertulias de “Xente Nova” no bar Volante, as que asistían, Vicente Risco, Conde Corbal, Antón Risco e outros máis. Logo de deixalos estudos de dereito adícase o que sería a súa verdadeira vocación, o xornalismo. La Región, Ferrol Diario, La Voz de Galicia foron os seus destinos. Nos seus libros non podían faltar aqueles que se referían a Risco oua Ourense. 

Estivemos sin vernos moitos anos, ata que un día de todolos santos coincidimos no cemiterio de San Francisco, xusto na lápida que recorda á “Pobre Asunción”, tristemente asasinada na praza Maior de Ourense. Recordamos anacos das nosas vidas, dos nosos amigos comúns e falamos do seu avó J. Fernández. Querido “Ruco”, o teu pasamento faime voltar a vellos e inolvidables tempos.

Estou seguro que estés onde estés, seguirás escribindo, pois é algo xenético que non podes evitar. Para ti unha forte aperta e ánimo no teu novo destino e para tódolos teus, moita forteza nestes duros e ledos intres o mesmo tempo