Cartas al director

Baldomero Areán, comprometido deica o final

Cada vez quedan menos”, foi a reflexión que fixo un amigo cando soubo do pasamento do común compañeiro Baldomero Areán González. Baldomero, longo dunha vida moi vivida, marchou silen- cioso, con toda tranquilidade, xunto dos seus. Coñecín a Baldomero cando, liberado da Residencia ourensá, era respon- sable da área sanitaria de UGT nos anos 80. Posteriormente, en xuño de 1990, foi elixido secretario xeral en Ourense do sindicato fundado por Pablo Iglesias Posse, acompañado naquela directiva, se mal non lembro, entre outros, por Isabel González Jardón e Tonecho González Suárez. Daquela época é necesario lembrar as mobilizacións contra a desaparición da planta de Citroën, que se ben pechou as súas portas, a presión dos traballadores, apoiados polos sindicatos de crase dirixidos por Areán (UGT), Lorenzo Alcalá (CCOO) e Etelvino Blanco (CIG) conseguiron que non se perdera ningún posto de traballo. Baldomero Areán sempre foi un home amante da mesa, tanto para dar conta dun apetitoso xantar, como para iniciar unha conversa que se podía pro- longar horas. Tanto na súa casa do Couto coma nos demais lugares onde pasou os seus derradeiros anos -Cea, Santiago...-. Hai un ano e pico estaba moi contento co seu '4x4', unha cadeira de rodas eléctrica que lle permitía desprazarse alí onde xa non podían as súas pernas.

Hai uns dous meses Baldomero 'presentou' a súa nova residencia, nos Gozos, por medio da súa páxina de Facebook, medio polo que estaba en contacto con todas as súas amizades e coñecidos/as. Hoxe esa páxina recolle o pesar polo seu pasamento por parte de moitas persoas.

Non vou descubrir agora que Baldomero é, porque seguirá entre nós, un verdadeiro socialista e sindicalista. Proba diso pode ser o seu derradeiro apunte en Fa- cebook, do pasado día 20. Sobre a foto dun can pódese ler “Basta de quejarse en Facebook, sea inteligente, hágalo en las urnas las próximas elecciones”.

Ao igual que 'El Abuelo' encabeza cunha cita este escrito, tamén o remata: “Non só fan adeptos as organizacións coas súas doutrinas, senón cos bos exemplos e a recta conduta dos seus homes”, como é o compañeiro Areán.

Unha aperta a toda a familia