Cartas al director

Obituario: Don Néstor

Foi a miña compañeira, a carballiñesa Pilar Abraldes, a que me déu a noticia nada máis entrar na redacción que a TVG e a Radio Galega compartimos en Ourense. “Teño malas novas para ti Barrera. Morréu don Néstor; sei que lle tiñas aprecio; foi dun ictus; mira a esquela na Región". Coido que non dixen nada. Collín o xornal e empecéi polas páxinas do final. Ali estaba. Don Néstor foise con 69 anos. E comecéi a lembrar. Salesianos, curso 75/76. Quinto de E.G.B. 
Eramos corenta e sete na clase. Intentéi pasar lista, como facía don Nestor despois da primera oración do día pero a memoria xa me falla. Lémbrome de moitos compañeiros e penso que, coma min, ainda que haxa anos que non nos faláramos, sentirán a noticia. Don Néstor. O mestre que nos sacaba a palestra para tomar a lección. O que nos daba clase de todas as asignaturas, incluida ximnasia. En quinto era obrigado levar o chandal oficial do colexio, roxo, con listas brancas nas mangas e que a todos nos quedaba tres ou catro tallas máis grande porque, na casa, nos mercaban a roupa de deporte con miras de futuro.

Era o primeiro ano que tiñamos clase de inglés que impartía don Mariano. Para todo o demáis estaba don Néstor. E lembro as súas clases. En castellano. Pero el, as veces, falaba galego. Como a maioría dos rapaces que chegaban a Salesianos desde toda a provincia. Foi don Néstor o que nos comunicou, aquel mes de novembro, que teriamos unha semana sen clase por loito nacional. Morrera Franco. Que festa montamos. Ainda lembro as labazadas que repartiron algúns curas no patio por celebrar ruidosamente unha semana inesperada de vacacions. Foi don Néstor o que meteu nas nosas cabeciñas de once anos aquel cambio que se empezaba a producir en España. 

Lembro as súas clases. De matemáticas, de lengua, de sociales, de naturales. E do seu encono pola ortografía. Os verbos, os dictados, as redaccións. E o silencio e a súa voz. Foi xunto a don Fausto e don Gonzalo o mestre que máis me marcou. “señores, si quieren aprobar tendrán que esforzarse. Venga, las provincias de España. Provincias Vascongadas tres: Vizcaya, capital Bilbao; Guipúzcoa, capital San Sebastián; Alava capital Vitoria. Castilla la Vieja, ocho: Santander, Burgos, Logroño, Soria, Segovia, Avila, Valladolid y Palencia. León tres, León, Zamora, Salamanca. Castilla La Nueva, cinco. Madrid, Toledo, Ciudad Real, Cuenca y Guadalajara. Mañana se las pregunto a todos. Y los verbos. No se olviden de los verbos. Y de las preposiciones, de los artículos, de los adverbios. No les paso una. Ya verán, algún día me lo agradecerán”. 
Ata sempre, don Néstor.